luns, 3 de xullo de 2023

OBRADOIRO DE RADIO

Gravación correspondente ao Obradoiro de Radio Escolar desenvolvido no centro polo alumnado de 5º de Educación Primaria no curso 2022/2023.

 


 

 

Pequen@s compositor@s

Neste espazo teñen cabida aquelas pequenas montaxes que fixemos e das que tamén aprendemos moito.


 

Pra a Habana de Rosalía


O día 23 de Febreiro , despois da ponte do Entroido, conmemoramos o día de Rosalía. Nesta ocasión quixemos adicar o día a unha galega referente no mundo. Unha muller importante como escritora que falou de moitos temas do rural, da situación precaria dos pobos de Galicia, da lingua e tamén da emigración. Aquí tendes un anaco do poema Pra a Habana! recitado polo alumnado de 3º EP, nel Rosalía expresa a dor que se sente ao deixar a terra, neste caso, Galicia.